FVBUSICOULOUR 15
Asemblea Republicana de Vigo
A Necesidade da República Social
Miércoles 16 de Diciembre de 2009 17:29
A necesidade da República Social

A necesidade da República Social


Antonio Liz



Hai xa anos, no transcurso dun debate, dixéronme que falaba así porque era un altruísta. Ao contrario, respondín, fágoo porque son un egoísta integral. Entón e agora o que me move a loitar por unha República Social é a necesidade de sentir a vida, de vivir digna e conscientemente.


Entendo que loitar co horizonte posto en acadar unha sociedade sen clases, o comunismo, a anarquía, é unha necesidade para sentirse vivo aquí e agora. O obxectivo de batallar social e politicamente hoxe é saborear un pouquiño do que gozarán con plenitude xeracións vindeiras, cando o capitalismo sexa xa unha reliquia do pasado.


A primeira liberdade que hai que conquistar é a de gozar do propio corpo. Non se pode pretender amar a vida se un non goza da súa propia natureza. É o teu propio corpo o que esixe as súas propias necesidades e estas non poderán ser satisfeitas de se ver condicionadas ou distorsionadas por imposicións morais, alleas sempre ao propio ser. O gozo do corpo é o goberno do corpo, decidir que sexualidade se quere, que sexo se quere e abortar se se quere.


A emancipación da muller é un dereito de obviedade manifesta xa que nada racional hai que se poida interpor na estrita igualdade legal e social entre a muller e o home. A emancipación da muller é imprescindíbel para que o home tamén se poida emancipar. Sen a emancipación da muller a maioría dos homes estarían condenados nesta sociedade á función de ser o ruín cabeza de familia, de ter que soportar máis alá do estoico as virulencias da patronal privada ou institucional para conseguir un raquítico salario para perpetuar unha noxenta existencia co único desafogo de rebentar na casa. A liberdade de elas ceibaraos a eles desa vil existencia.


O coidado da contorna ecolóxica non é unha cuestión de caritativos naturalistas senón a imperiosa necesidade de ter un marco natural que sexa o soporte da nosa existencia material e espiritual. A racionalidade é fusionar as necesidades materiais para unha existencia digna co equilibrio da nosa contorna ecolóxica. Ao decrecemento radical da agresiva produción mercantil débelle seguir o crecemento posible da necesaria produción social. A Terra é a fonte primaria da nosa vida e o berce que nos mece. Agredila é máis que agredirnos, é un suicidio colectivo.


Toda a especie humana ten a mesma orixe material. Dende África, o noso berce común, foise extendendo polo conxunto do planeta. A necesidade de adaptarse a contorna natural foi xerando razas e culturas que ao expandirse relacionáronse ou chocaron entre si. A especie humana hoxe somos o produto do sincretismo histórico, da mestura permanente duns pobos con outros. Se onte esta mestura produciuse na maioría de ocasións por forza dos desprazamentos e guerras de conquista, hoxe xa estamos en condicións reflexivas para saborear como unha multimillonaria riqueza a diversidade de razas e culturas xa que a súa fusión levará á especie humana a un san desenvolvemento biolóxico e cultural. Non só seremos irmáns, senón máis fortes física e mentalmente.

O individual e o social son dúas caras inseparábeis dunha indivisíbel moeda. O individual fortalécese canto máis se reforza o social. A conquista para tod@s de traballo, vivenda, sanidade e cultura son os alicerces da nosa liberdade. Son as conquistas sociais as que posibilitan acadar a liberdade económica e a liberdade espiritual, son elas o cimento sobre o que se ergue a auténtica liberdade individual, esa que non estará condicionada pola selva do mercado nin polo medo a que te repriman por saírte dos canons estabelecidos.


A cultura é unha ferramenta capital para impedir que rouben o conquistado. A mentira e o engano non poderán facer fenda nunha sociedade culta. Será a cultura a salvagarda da República Social porque a través dela as diversas xeracións saberán as causas da conquistada felicidade e, xa que logo, porqué hai que defender e desenvolver a República Social. Conquistada a base material e o poder político, a cultura será a fonte do consciente camiñar.


A clase traballadora é a maioría social na sociedade capitalista. Pertence obxectivamente a ela toda persoa que por estar privado da propiedade dos medios de produción ten por renda exclusiva o seu salario, cando non está no desemprego. Como toda clase social está composta por diversas capas xa que non é homoxénea. Non o pode ser porque no capitalismo non son homoxéneos os sectores produtivos nin o mercado. Pero cumprir diferentes funcións produtivas, ou técnicas, subordinadas dentro do proceso económico non mingua a unidade social que supón que ela sexa a produtora da riqueza social en bens e servizos. A súa masa numérica e a súa función social transfórmana no suxeito do desenvolvemento do proceso histórico polo que só nela poden repousar as esperanzas de mudanza, porque ao ser ó tempo a clase social máis numerosa e a creadora de riqueza, convértese obxectivamente na clase social imprescindíbel para xerar outro mundo, o sustentado na xustiza social.


A República Social só será conquistada se todas as fraccións políticas da clase traballadora van en unidade de acción contra o capital. Demoler o capitalismo será o denominador común da acción política unitaria. Unha vez conquistado isto a sociedade tense que construír a base de participación social. O plural debate político é imprescindbel para construír unha sociedade fundamentada na razón social. Non hai un modelo prefixado de antemán xa que a sociedade futura está por construir e non pode ser produto de receitas apriorísticas. Pero iso non quere dicir que non teñamos unha base sólida de partida xa que saberemos perfectamente o que non queremos: a inxustiza. Tamén saberemos que a sociedade pola que loitamos será un mundo novo porque na República Social todo estará permitido agás a explotación, o machismo, o racismo, as fobias sobre as múltiples manifestacións sexuais, o delito e o crime.


A conquista da República Social é a esperanza da Humanidade. De se acadar, a Humanidade no seu conxunto empezará a ser libre. Porase a ollar decididamente cara ás estrelas. Navegar polo cosmos será o próximo paso. Nada é eterno, tampouco o marco natural que nos viu nacer. Pero xa entón a especie humana será a máxima manifestación da materia, a manifestación consciente, e proporase camiñar polo cosmos para encontrar outros fogares naturais. Entón o camiño non tería fin xa que a Humanidade sería parte consciente do movemento.


Madrid, 14, decembro, 2009


Publicado o 14/12/09 en corriente[a]lterna (http://www.anticapitalistas.org)

Tradución : Esquerda Anticapitalista Galega

 
A igrexia bica bandeira franquista
Viernes 04 de Diciembre de 2009 12:08
 
MUROS?
Martes 10 de Noviembre de 2009 00:16
DE QUE MUROS FALAMOS CANDO FALAMOS DE MUROS? O muro de nove metros de altura, que atravesa 171 pobos ou cidades de Cisxordania, súmase aos 600 obstáculos á libre circulación que salpican Cisxordania. A ilegal parede desprazou a 28.000 persoas, supuxo a confiscación de cinco mil hectáreas e o illamento doutras 27.000. As manifestacións contra o muro de Israel non cesaron desde a súa construción. Mozos palestinos romperon este venres seis de vovembro unha parte do muro de separación construído ilegalmente por Israel en Cisxordania, que ten unha altura de nove metros nunha acción cargada de simbolismo pois ten como pano de fondo o vixésimo aniversario da caída do muro de Berlín. Ao decatarse do feito, os gardas israelís arremeteron con bombas lagrimóxenas e un spray maloliente desde a parte contraria do inmenso muro de formigón. "Non importa o altos que sexan, todos os muros caen", líase nunha das pancartas colocadas xunto á estrutura por mozos palestinos axudados por activistas israelís, quen afirman que o muro en territorio palestino é unha apropiación da zona por parte de Israel. Un comunicado do Comité Popular de Bil'in, organizador da protesta, indicou que "o 9 de novembro de 1989, o Muro de Berlín veuse abaixo en dous días; isto inspirou esperanza nun mundo no que as barreiras non poden separar ás persoas". ”Hoxe, Israel está construíndo un muro o dobre de alto e cinco veces máis longo en Cisxordania, desprezando o dereito internacional, para separar aos palestinos das súas terras", denunciou o comunicado. Os manifestantes dispersáronse cando os gardas fronteirizos israelís (que estaban detrás do muro) comezaron a pechar a brecha cando unha parte do muro inclinouse cara ao lado israelí pero non chegou a caerse. Cinco anos de ilegalidade Israel comezou a construír o muro no 2002 e dous anos máis tarde o Tribunal Internacional de Xustiza ditaminou a ilegalidade do muro que o goberno israelí levantaba na súa meirande parte no territorio ocupado de Cisxordania. Un 85% do seu trazado atópase en chan palestino, apropiándose de case un dez por cento do territorio. Construído de norte a sur e a través de parte de Xerusalén cando se remate o muro medirá 700 quilómetros de longo e entre 50 e 100 metros de ancho. É unha estrutura complexa que inclúe aramados de espino, gabias, zonas de area fina para detectar pegadas, torres de vixilancia, camiños asfaltados a cada lado para permitir patrullar aos tanques, así como zonas adicionais de defensa e áreas restrinxidas de diversa profundidade. Non houbo apenas presión política nin diplomática para frear unha obra que provoca un impacto demoledor na vida cotiá de decenas de miles de palestinos, posto que o muro aisla entre si a comunidades e familias. Separa aos campesiños das súas terras e aos palestinos dos seus lugares de traballo, centros educativos e de saúde e outros servizos esenciais. O Estado xudeu asegura que foi construída para evitar que atacantes suicidas con bombas entrasen ao país e argumentan que a barreira é un obstáculo temporal que podería quitarse cando se asine un pacto de paz cos palestinos. As manifestacións de rexeitamento á construción de tan enorme muroa convertéronse nunha situación regular, así como tamén a resposta da policía israelí que lanza gas lagrimóxeno e balas de goma a manifestantes palestinos que lanzan pedras. Ao muro de nove metros de altura ao redor de cidades como Belén, Tulkarem ou Kalkilia e á barreira metálica súmanse os 600 obstáculos á libre circulación que salpican Cisxordania. Aos campos de cultivo situados entre o muro e a fronteira con Israel só se pode acudir se se conta cun permiso concedido polas autoridades israelís e que hai que renovar semestralmente. No norte deste territorio, o 80 por cento dos campesiños non contan con ese permiso e os que conseguen o acceso fano logo de moitos meses de espera, como Sharif Omar, agricultor de Yayus, pobo próximo a Kalkilia, quen relataba á ONG Oxfam que tivo que esperar "sete meses antes de poder acceder á miña terra". Máis asfixiante augúrase o panorama para oito comunidades situadas en dous enclaves: Bir Nabala, ao norte de Xerusalén e Az Zawiya, ao sur de Kalkilia. Os seus 26 mil residentes serán rodeados polo muro polos catro costados. Só poderán saír mediante túneles ou unha conexión por estrada co resto de Cisxordania, aseguran funcionarios de Nacións Unidas. O muro e os valados determinan o acceso a gran parte dos recursos hídricos de Cisxordania, case sempre a favor das colonias xudías. A ilegal parede atravesa 171 pobos ou cidades de Cisxordania, desprazou a 28.000 persoas, supuxo a confiscación de cinco mil hectáreas e o illamento doutras 27mil.
 
Setembro do 75 (trailer)
Domingo 01 de Noviembre de 2009 01:20
 
Septembro do 75
Domingo 01 de Noviembre de 2009 00:58
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Siguiente > Fin >>

Página 1 de 4
© 2010 Asemblea Republicana de Vigo
Kostenloses Joomla Template von funky-visions.de powered by greatnet.de Webhosting